Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

PIB per cápita

Descrición breve
O produto interior bruto (PIB) a prezos correntes representa o resultado final da actividade de produción das unidades produtivas residentes.
O PIB per cápita corresponde ao valor engadido polas unidades de produción localizadas nun certo espazo xeográfico polo total da poboación dese espazo xeográfico.

Fórmula de cálculo
PIB = C + I + G + (X - M)
PIB per cápita = PIB / N

Variables
C - Consumo privado
I - Investimento
G - Consumo público
X - Exportacións
M - Importacións
N - Poboación total

Unidades
Miles de euros por habitante (Miles €*hab.-1)

Fontes
INE Portugal; INE España; IGE Galicia; Eurostat

Análise breve
58
Gráfico 6 - PIB per cápita (a prezos constantes, base = 2000) observado no período de 2000 a 2010. Para a eurorrexión só se puido calcular para o período de 2004 a 2009.
 

Na eurorrexión, entre o período de 2000 a 2009, o PIB per cápita aumentou 1,2 mil euros por habitante, pasando de 11 mil euros por habitante, en 2000, a 12,2 mil euros por habitante en 2009 (Gráfico 6). En España e de acordo cos datos dispoñibles entre o período de 2000 a 2010, houbo un decrecemento do PIB per cápita polo valor de mil euros por habitante, pasando de 15,7 mil euros por habitante (2000) a 14,7 mil euros por habitante (2010) (Gráfico 6). En Portugal, no mesmo período, o PIB per cápita tamén tivo un decrecemento de 0,2 mil euros por habitante pasando de 12,5 mil euros por habitante en 2000, a 12,3 mil euros por habitante en 2010 (Gráfico 6). Na UE-27, entre o período de 2000 a 2010, o PIB per cápita sufriu un aumento de 1,1 mil euros por habitante, pasando de 19 mil euros por habitante en 2000, a 20,1 mil euros en 2010 (Gráfico 6).

 

Valoración: 

neutro

neutro