Descrición breve
Porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior con relación á poboación con idade comprendida entre 15 e 24 anos.
Os datos abranguen estudantes que asisten a centros de ensino público e privado, clasificados de acordo cos niveis e áreas de educación e formación da International Standard Classification of Education (ISCED). Inclúe estudantes a tempo completo e parcial integrados en réximes de educación xeral ou profesional (inclusive os alumnos que cursan programas de prácticas profesionais).
Fórmula de cálculo
(a/b)*100
Variables
a - número de estudantes que cursan o ensino secundario ou post-secundario non superior
b - número de habitantes con idades comprendidas ente 15 e 24 anos
Unidades
Porcentaxe (%)
Fontes
INE Portugal; INE España; Eurostat
Análise breve
Gráfico 7 - Evolución da porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior entre 2002 e 2009.
Verificouse, os últimos anos, unha tendencia de aumento da porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior na eurorrexión, en Portugal e en España. Pola comparación dos valores de 2002 cos de 2009, obsérvase que, na eurorrexión, a porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior aumentou do 22,8% ao 34,6% (Gráfico 7). Para o mesmo período de tempo a porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior en Portugal aumentou do 27,5% ao 43,3%, mentres en España aumentou do 21,7% ao 23,4%.
neutro