A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego. AGADER elabora estratexias, planifica actuacións, coordina e xestiona recursos destinados ao desenvolvemento do medio rural. Como ente público xestor do programa LEADER en Galicia realiza as tarefas de apoio e de seguimento e control dos programas executados polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) no noso territorio.