Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

O Secretario de Estado de medio ambiente de Portugal visita Axencia de ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico en Vila Real

imagen noticias: 
entradilha noticias: 

Previamente foi recibido nun acto oficial no concello da cidade 

Vila Real.- O Secretario de Estado de Medio Ambiente e Ordenamento do Territorio portugués, Pedro Afonso de Paulo, visitou o pasado martes as instalacións da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico en Vila Real. Durante a visita tivo a ocasión de coñecer os traballos desenvolvidos pola entidade da man do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán V. Mao; o presidente da comisión delegada de Desenvolvemento Sostible, Miguel Estéves; o director da Axencia, Francisco Pan-Montojo e o comité de expertos da entidade.

Na súa intervención, o Secretario de Estado destacou “o gran interese do proxecto da Axencia así como da colaboración que se está desenvolvendo entre Galicia e o Norte de Portugal”, ademais recalcou a importancia “do concepto de sostibilidade desde o punto de vista da eficiencia na creación de infraestruturas e outros investimentos”. Igualmente participou o comité de expertos composto por Emilio Fernández, profesor da Universidade de Vigo; Francisco Cárdenas, Xefe de Planificación e Programación de BCNEcologia e Luís Ramos, profesor da Universidade de Trás-os-montes  e actual deputado na Asemblea da República portuguesa. Os científicos mostraron as diferentes liñas de traballo que veñen desenvolvendo coa finalidade de achegar ferramentas e enfoques que permitan unha ordenación do territorio sostible desde o punto de vista ambiental, social e económico. 

Pedro Afonso de Paulo tamén sinalou “o interese de empregar a experiencia da Axencia para a definición de indicadores calculados polas entidades portuguesas que se adapten ás necesidades dos municipios” no referente ás Axendas 21 e á súa monitorización. Ademais indicou “o esforzo que se está levando a cabo desde Portugal para ir máis aló dos obxectivos 20-20-20 en termos de eficiencia enerxética” e cuestións como “a defensa da biodiversidade que teñen en común España e Portugal”.