Descrición breve
Avaliación das emisións de orixe antropoxénica dos principais gases que contribúen ao efecto invernadoiro. As emisións totais para estes compostos exprésanse en CO2 equivalente (CO2eq) por habitante e preséntanse en forma de índice (1990=100 para CO2, CH4, N2O e 1995=100 para gases fluorados: SF6, HFC e PFC).
O cambio climático obrigou á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, é dicir, descarbonización progresiva da economía, fortemente influenciada polos sistemas enerxéticos nacionais, polas estruturas industriais, agrícolas e forestais, polos sistemas de transporte, de xestión de residuos e polos patróns de consumo da poboación.
A Unión Europea no que se refire ao Protocolo de Quioto e no seu desexo de cumprir cos compromisos adquiridos (redución do 8% das emisións con respecto aos niveis de 1990 entre 2008 e 2012) está a adoptar unha serie de medidas fronte ao cambio climático que implicará unha redución do 20% das emisións de GEI como mínimo e o aumento de até o 20% da cota de Enerxías renovables no consumo de enerxía final até 2020, coñecido como o compromiso 20-20-20.
Fórmula de cálculo
(a/b)*100
Variables
a -toneladas de CO2 equivalente
b - toneladas CO2 equivalente ano 1990
Unidades
% Emisións de GEI en relación a 1990 (1990=100)
Fontes
CMATI; EEA, MARM, Eurostat
Análise breve
De acordo cos respectivos Inventarios Nacionais de Emisións de GEI, as emisións en 2009 para a eurorrexión foron de 55.120 ktonCO2eq, cerca dun 11,4% máis elevadas que as de 1990. Este número encóntrase por debaixo do valor de referencia 2008-2012, definido polo Protocolo de Quioto tanto para Portugal (27%) como para España (15%).
Até o ano 2005 existe un aumento progresivo nas emisións GEI para a eurorrexión, España e Portugal (Gráfico 20). Entre 2005 e 2009 obsérvase unha redución das emisións na eurorrexión superiores ao 19%, en Portugal as emisións reducíronse cerca dun 16,4%, mentres en España a redución foi de só o 14,7%.
Gráfico 20 — Comparación dos niveis de variación das emisións GEI en relación a 1990 (=100) (Anexo V).
Figura 10 – Comparación europea dos niveis de emisións no ano 2009 relativo a 1990 (=100).
As emisións de GEI na eurorrexión, de 2009 con respecto a 1990, sitúanse ao nivel da Irlanda (114), Grecia (117) ou Austria (102), por debaixo do índice de España (130) e de Portugal (124) (Figura 10).
positivo