Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Taxa de motorización

Descrición breve
Relación entre o número de vehículos e a poboación total. Está directamente relacionada co consumo de combustibles e emisións asociadas, así como coa dependencia do vehículo privado.

Fórmula de cálculo
(a*1000)/b

Variables
a -número total de vehículos lixeiros
b - poboación total

Unidades
Vehículos/1000 hab.

Fontes
INE Portugal; IGE; Anuario estatístico de La Caixa; Eurostat; ISP— Instituto de Seguros de Portugal

Análise breve

110 Gráfico 31 - Taxa de motorización para o período de 1995 a 2009.

De maneira xeral a taxa de motorización presenta unha tendencia crecente para o período de 1995 a 2009 (Gráfico 31).
A taxa de motorización na eurorrexión, para o período de 2002 a 2009, variou de 409 vehículos* 1000hab-1 a 451 vehículos* 1000hab--1.

No período de 1995 a 2009, Portugal é o país que presenta o incremento de vehículos máis significativo, pasando de 261 vehículos*1000hab-1 en 1995 a 435 vehículos*1000hab-1 en 2009. Para o mesmo período, a UE-27 oscila dos 375 vehículos*1000hab-1 aos 473 vehículos*1000hab-1. En España a taxa de motorización varía dos 361 vehículos*1000hab-1 aos 480 vehículos*1000hab-1.

111 Figura 15 — Taxa de motorización para a UE-27 e na eurorrexión en 2009.

Romanía é o país con menor taxa de motorización con 197 vehículos*1000hab-1, seguida de Eslovaquia (294 vehículos*1000hab-1), Hungría (300 vehículos*1000hab-1) e Bulgaria (329 vehículos*1000hab-1) (Figura 15).
Os países con maior taxa de motorización son Malta (568 vehículos*1000hab-1), Chipre (579 vehículos*1000hab-1) e Italia (606 vehículos*1000hab-1).


 

Valoración: 

negativo

negativo