Descrición breve
Cuantificación da área forestal afectada por incendios nun determinado territorio.
Os incendios forestais xera moitos impactos negativos, tales como aumento da erosión dos solos, redución da produtividade e desertización do territorio, perda de biodiversidade (provocada pola destrución de hábitats naturais), alteracións no ciclo hidrolóxico, redución de sumidoiros de CO2, perdas económicas relacionadas coa destrución de materia e poñen en risco a seguridade da poboación.
Variables
- Área forestal queimada (ha);
- Incendios forestais (nº)
Unidades
Hectáreas (ha)
Fontes
Eurostat; IGE; INE Portugal
Análise breve
Gráfico 37- Variación da área queimada (ha) e do número incendios forestais (nº) entre 2001 e 2009 na eurorrexión.
En 2009 a área queimada na eurorrexión foi de 71.860 ha e o número de incendios forestais rexistrado este ano foi de 22.235 (Gráfico 37). No período de tempo en análise, o ano 2005 foi o que rexistrou unha maior área forestal queimada e un maior número de incendios forestais con valores de 199.972 ha e 34.874, respectivamente.
Gráfico 38 - Área queimada en 2008 e media da área queimada entre 2001 e 2008 na eurorrexión, en Portugal, en España e na UE-27.
Cando se compara a media entre 2001 e 2008 (Gráfico 38) verifícase que Portugal presenta a maior superficie de área queimada rexistrando cerca de 156.749 ha. En España a media da superficie queimada para o mesmo período de tempo foi de 115.614 ha, na eurorrexión de 82.351 ha e na UE-15 de 49.538 ha. Con relación á media do número de incendios producidos no mesmo período de tempo, Portugal rexistrou o maior número con 23.659, seguido da eurorrexión con 22.375, de España con 17.075 e da UE-15 con 7.191.
Analizando a porcentaxe de superficie de especies forestais afectadas por incendios fronte á superficie total ocupada por especies, verifícase que en 2005 Portugal rexistrou unha porcentaxe do 6%, mentres que na eurorrexión e en España se rexistraron para o mesmo ano valores da orde do 3% e 0,1%, respectivamente.
Gráfico 39 — Porcentaxe de superficie de especies forestais queimadas fronte á superficie total.
negativo