Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

A Agencia de Ecologia Urbana e a Consellería de Medioambiente organizan o Foro de Intercambio de Experiencias Sustentables do proxecto europeo Desourb

entradilha noticias: 

Reunirá a expertos nacionais e internacionais os días 7 e 8 de novembro no  Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela

 

O Eixo Atlántico, a través da Agencia de Ecologia Urbana, e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia organizan o Foro de Intercambio de Experiencias Sostibles no marco do proxecto europeo Desourb "Un modelo innovador de xestión territorial" que se celebrará no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, os días 7 e 8 de novembro.

O congreso será un punto de encontro de técnicos e responsables políticos de España e  Portugal no área del desenvolvemento sostible, no medio ambiente e a planificación territorial. No evento expoñeranse cuestións que axudarán a afrontar os retos dos territorios nos próximos anos.

O proxecto DESOURB define un modelo innovador de planificación e xestión territorial na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado no desenvolvemento sostible, a monitorización do territorio e a difusión do coñecemento.

Na execución de este proxecto, que implicou o análise da realidade territorial de Galicia e do Norte de Portugal,  tivéronse en conta variables demográficas, económicas, de desenvolvemento de infraestruturas, de servizos prestados á cidadanía e a proximidade ó cidadán, de formación, saúde, desenvolvemento urbanístico e situación do medio ambiente. A partir do análise procedeuse á  definición dunha serie de indicadores que permiten definir os modelos de desenvolvemento sostible.

A elaboración de ditos indicadores implicou a creación dunha importante base de datos para realizar os cálculos dos  mesmos. A  base de datos que incorpora o motor de cálculo denomínase “GEOPORTAL”.

A Xunta de Galicia e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular presentaron, para o seu  financiamento a través do "Programa de Cooperación Transfronteriza España -Portugal (POCTEP)" o proxecto denominado "DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE URBÁN " cuxo acrónimo é “DESOURB”. O proxecto, iniciado en 2010, conclúe a finais do presente ano.