Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

O Xeoportal do Proxecto Desourb

entradilha noticias: 

O XEOPORTAL do proxecto Desourb é unha ferramenta que pon a disposición dos usuarios todos os datos relevantes relacionados co desenvolvemento sustentable do territorio, ademáis da súa evolución e información relacionada.

Os obxectivos son:

Facilitar o acceso e a integración da información espacial, tanto a nivel institucional e empresarial como dos propios cidadáns, para estender o coñecemento e o uso da información xeográfica e a optimización da toma de decisións en base a ela.

Promover os metadatos estandarizados como método para documentar a información espacial (estradas, entidades de poboación, usos do chan ou espazos protexidos) de cara a reducir custos e evitar duplicidade de esforzos.

Animar á cooperación entre os axentes, favorecendo un clima de confianza para o intercambio de datos. Permitindo mellorar a toma de decisións en materia de planificación territorial sustentable.