Linguaxes

  • Galego
  • Español

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

BASE TOPOGRÁFICA URBANA DE GALICIA (BTUG) v1.0

imagen: 

O Instituto de Estudos do Territorio (IET), co propósito de harmonizar e modernizar a cartografía dos ámbitos urbanos, tratou de aplicar os avances tecnolóxicos e cambios metodolóxicos no proceso de obtención da cartografía e, o que é máis importante, aplicar a evolución conceptual habida desde a cartografía, xa sexa como mapas en papel ou como mapas dixitais, ata a información xeográfica, en forma de conxuntos de datos xeográficos para ser cargados nun SIX ou integrados nunha IDE.

O obxecto destas especificacións é que a cada produtor de datos, lle sexa posible converter a súa información orixinal ao modelo de datos aquí definido, de modo automático e cun traballo interactivo mínimo e residual. Tamén se desexa que estas especificacións sirvan de referencia para a produción de nova cartografía, que xa estará preparada para o seu uso en sistemas de información xeográfica. Todo elo como soporte para a definición e cálculo de indicadores.