Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Coperación

Asociación Galega de Axuda ó Sáhara

Asociación que realiza accións de intervención directa, sesibilización e formación regrada no Sahara.
 

Asociación Instituto Estudos Sociais e Internacionais (IESI)

Esta asociación trátase dunha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade.
 

Rede Cooperación Coruña Solidaria

A Rede Cooperación Coruña Solidaria é un espazo de participación cidadá integrado por 150 entidades da cidade. Son entidades que traballan polo benestar de toda a cidadanía e que adican un esforzo especial ao traballo cos coletivos en desventaxa social.
 

Fundación Axencia Humanitaria de Galicia (FAHG)

É unha entidade carente de ánimo de lucro dedicada a intervencións de carácter humanitario a prol das poboacións vítimas de crises humanitarias, desastres ou conflitos que se produzan fóra do ámbito territorial galego. Temos por obxecto coordinar esforzos e concentrar recursos destinados a levar a cabo actuacións de Axuda Humanitaria, mellorar as condicións de vida das poboacións afectadas polas crises humanitarias, desastres ou en casos de urxente necesidade, mediante a prestación de asistencia de forma rápida e eficaz e segundo criterios de necesidade e vulnerabilidade.

Proxecto "A Posta"

Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

Instituto de Estudos Sociais e Internacionais

Somos unha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade.
 

ACOES Vigo

Organización non gubernamental sen ánimo de lucro, que ten o único obxectivo de apoiar aos más desfavorecidos de Honduras defendendo o acceso á educación, como dereito e como ferramenta de transformación social para promover a solidaridade e a xustiza. Acoes nace en Honduras pero  co obxectivo de dar unha mellor resposta ás necesidades dos proxectos fóronse creando delegacións nos diferentes puntos de España, entre eles unha ubícase na cidade de Vigo.
 

Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP)

A ISAP é unha alianza galega de organizacións que comparten, desde diferentes ámbitos de actuación e perspectivas, a defensa da soberanía alimentaria dos pobos. Naceu en Abril de 2008 seguindo o mandado do Foro Mundial para a Soberanía Alimentaria (Nyéléni 2007) co obxectivo de dar a coñecer, construír e defender a soberanía alimentaria dos pobos en e desde Galiza, cos pés na terra e cunha ollada global.
 

Proxecto FARLAND

FARLAND “Future Approaches to Land Development” é un proxecto de cooperación transnacional impulsado baixo a iniciativa comunitaria INTERREG III encamiñado a fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento no campo da xestión da terra entre rexións europeas.
 

Contos Solidarios

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…..

Distribuir contido