Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Desenvolvemento rural

Centro de Desenvolvemento Rural O Viso (Lodoselo-Ourense)

Este centro conta con diferentes estancias con distintas funcións. Para o albergue e as actividades: "Pobo escola". Para o comedor social e a vivenda comunitaria: "A tua outra casa". Para o comercio xusto e o voceiro: CIX DA LIMIA.
 

Impulso vitivinícola do Ribeiro

Este proxecto integral abrangue todos os puntos estratéxicos: infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións.
 

Actuación global de infraestruturas na Ribeira Sacra lucense

Este proxecto intégrase dentro das prioridades da Consellería do Medio Rural de impulsar a zona sur da provincia de Lugo. As posibilidades produtivas, climáticas, edafolóxicas, mesmo paisaxísticas, turísticas e de ocio, fan desta comarca unha das prioridades para poñela en valor.

Proxecto ILDER

O proxecto ILDER (Inserción Laboral no Desenvolvemento Rural ) é un proxecto coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aprobado ao abeiro da 2ª convocatoria da Iniciativa Comunitaria EQUAL. A Agrupación de Desenvolvemento que o participa está composta por sindicatos agrarios, empresas, administracións e outras entidades ligadas ao medio rural galego.

Distribuir contido