Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Asociación micolóxica Andoa

A Asociación Micolóxica Andoa ten coma obxectivos entre outros, difundir a cultura dos fungos. Pretenden concienciar á xente da importancia deles para a biodiversidade, e instala na preservación do medio natural. No último ano o abanico de actividades abriuse tamén, cara outros aspectos cos que Andoa pretende quitar o medo e as apatías cara este reino dos fungii. Queren divulgar entre os vecinos as características dos cogumelos, incluíndo una vertente científica e sen esquecer  a culinaria. Consideran a micoloxía  outro xeito de coñecer o hábitat de Galicia, xa que nas saídas ós montes e fragas galegas, non  só atopan os fungos, senón que aprenden a distinguir as árbores e arbustos que acompañan a cada un deles. É unha forma de turismo rural pero, ademais de contemplar a beleza das paraxes naturais máis próximas, aprenden de que están constituidos. No último ano o abanico de actividades abriuse tamén cara outros campos da educación mediambiental, e pensan seguilo facendo nesa dirección.