Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Evaluación ambiental estratégica.

Autores - Colaboradores: 

Gómez Orea, Domingo
 

O BOE do 29 de abril de 2006 publicou a Lei 9/2006 sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, que traspón ao ordenamiento xurídico español a Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre a denominada Evaluación Ambiental Estratégica (EAE), importante instrumento preventivo de xestión ambiental, que ven a superar as limitacións e deficiencias do enfoque proxecto a proxecto propio da Evaluación de Impacto Ambiental (EIA). O espírito da EAE consiste en integrar primeiro o medio ambiente no proceso de formulación de políticas, plans e programas (PPP), en verificar despois a realidade delo e en facer público o resultado. A integración implica incorporar sensibilidadE, coñecemento, criterio e compromiso ambiental ao proceso de elaboración de PPP. A verificación comporta dúas facetas: comprobar que efectivamente se fixo un esforzo de integración ambiental na elaboración do PPP e avaliar o resultado conseguido a través da identificación, valoración, prevención e seguemento dos impactos que se producirían en caso de executarse.