Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Boas prácticas

Estratexia para a preservación da biodiversidade urbana en Helsinki (Finlandia)

Estratexia engadida nas políticas de desenvolvemento sustentable da cidade e que ten coma finalidade a protección do medio natural e conservación da biodiversidade.
Helsinki (Finlandia).
 

Bioblitz  Barcelona.

Trátase dunha xornada aberta de busca naturalista co fin de enriquecer o censo da diversidade biolóxica da cidade de Barcelona. Consiste nunha primeira busca intensiva de biodiversidade levada a cabo por voluntarios que durante 24 horas traballan conxuntamente para coñecer a diversidade biolóxica da cidade.
Barcelona.
 

Inclusión de criterios ambientais na compra de mobiliario urbano e outros productos derivados dos bosques.

Inclusión nos plegos de condicións do concurso de suministro de bancos de madeira de criterios ambientais, por parte do Servizo de Medio Ambiente da Diputación de Toledo coa colaboración do Servizo de Contratación. Entre outras condicións, é obrigado que a madeira conte cun certificado de xestión forestal.
Toledo.
 

Biodiesel de origen doméstico para o transporte colectivo en San Sebastián.

Uso por parte da empresa de transporte urbano, nos seus autobuses, de biodiesel procedente de aceites reciclados. Os resultados supoñen unha reducción dos GEI nos vehículos dando, á súa vez, saída a un produto doméstico contaminante de non tratarse de xeito adecuado.
Donostia (San Sebastián).
 

Información en tempo real nas cidades (Sistema Operativo Urbano”, “The City Operating System”)

Sistema que permite obter en tempo real diversos parámetros do espazo público: condicións ambientais, fluxos de tráfico, dispoñibilidade de prazas de aparcamento nas rúas, necesidades de rego de zonas verdes, información relevante para a seguridade cidadá ou alumeado público dinámico que se adapta á demanda real de iluminación.
Barcelona.
 

Centro de Estudios ambientais de Vitoria Gasteiz.

Organismo Autónomo Local referente en formación e xestión ambiental e importante instrumento de preservación do medio ambiente dentro do ámbito municipal, de xeito especial no mantemento do Anel Verde.
Vitoria-Gasteiz.
 

Rexeneración urbana do barrio de Summerfield en Birmingham (Inglaterra)

Mellora enerxética dos edificios e reducción da pobreza nun barrio da cidade inglesa de Birmingham. Para poder ofrecer unha gama de accións que lograran a consecución de estes resultados, o Concello de Birmingham, a Asociación Familiar da Vivenda e Be Birmingham traballaron xuntos en colaboración cos residentes do barrio.
Birmingham (Inglaterra).
 

Estudo dos servizos do verde urbano en Barcelona.

Estudo realizado mediante a aplicación dun modelo informático innovador para avaliar diversos servizos ecolóxicos e económicos e as posibles modificacións necesarias no tipo de vexetación e a súa distribución para obter maiores beneficios.
Barcelona.
 

SIIUR-Alumeado exterior público Ecodixital.

Sistema que inclúe aproveitamento de infraestrururas para comunicacións e servizos municipais ou a terceiros, permitindo unha solución integral de iluminación urbana ademais da creación dun novo modelo de negocio innovador, tanto para o concello coma para outros axentes do sector. Os resultados son aumento da eficiencia do alumeado, facilitación da súa xestión, aforro enerxético, económico e permite aproveitar as infraestruturas para outros usos.
Barcelona.
 

Programa “Escoles verdes” da Generalitat de Catalunya.

Proxecto consistente na integración voluntaria de escolas nun programa para o cal deben realizar un diagnóstico ambiental e un programa reacción que dirixa a unha xestión máis sustentable, así coma integrar o medio ambiente nos currícula, nas actividades escolares e extraescolares.
Cataluña.
 

Distribuir contido