O Proxecto Real ten por objecto desenvolver unha rede para compartir recursos, información e coñecemento para fomentar a innovación no sector agroalimentario (Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal - Galicia). Este proxecto proponse a creación formal dunha Rede de Cooperación a nivel da innovación, a creación dunha base tecnolóxica para apoiar á Rede e a difusión de información, investigación e transferencia tecnolóxica.