No edificio acolléronse os inicios da moderna xestión forestal en Galicia. Parte das seis amplias salas de este museo están dedicadas á memoria do enxeñeiro forestal Rafael Areses, fundador do viveiro. Consérvanse alí, entre outros, o despacho de quen foi o principal modernizador da xestión do monte galego, así coma as súas coleccións de sementes. Outros espazos están destinados a unha exposición acerca da xestión forestal sustentable, en general a divulgación dos valores do bosque.