Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Medio Rural

Proxecto RONSEL

O Proxecto RONSEL pretende a documentación e investigación exhaustiva de todo   patrimonio inmaterial galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión. Preténdense abordar estas tarefas de xeito científico para maximizar a súa eficacia.
 

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

O Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural teñen o obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas. Elaborou as directrices para un plano de investimentos na totalidade dos concellos galegos, que se desenvolve de acordo cuns criterios básicos entre os que se sinalan proxectos destinados a dinamizar a base produtiva e a fixar poboación no ámbito rural, co fin de dignificar e de mellorar a súa calidade de vida.
 

Centro Tecnolóxico da Carne (CTC)

O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galega que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia. A súa actividade organízase en torno a catro eixos fundamentais de actuación, servizos a empresas (análises, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, APPCC, etc); I+D+i; formación; e asesoramento e transferencia tecnolóxica, en íntima relación cos axentes do sector.
 

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

con una extensión aproximada de 3.150 hectáreas,  paisaje, muy poco frecuente en Galicia, modelado en roca caliza; por sus cuevas, sus grutas, sus valles que se adaptan perfectamente a la vegetación y fauna del lugar. Por los profundos cañones que excavaron los ríos a su paso por el valle, y por su ecosistema excepcional y sus grandes parajes naturales. Por sus bosques de encinas, por sus tomillares y matorrales, y por su completa riqueza.
 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) é un ente público da Xunta de Galicia que promove e coordina o desenvolvemento rural en Galicia. Este desenvolvemento ten como finalidade mellorar a calidade e condicións de vida dos habitantes do medio rural ao tempo que contribúe á cohesión do territorio galego. AGADER elabora estratexias, planifica actuacións, coordina e xestiona recursos destinados ao desenvolvemento do medio rural.

Laboratorio de Xenética Molecular

Este laboratorio creado pola empresa Xenética Fontao S.A. nace co obxectivo de prestar servizos de identificación xenética e análise de filiación, trazabilidae da carne, diagnóstico de enfermidades xenéticas, anomalías xenéticas: Freemartinismo, investigación no referente a proteínas lácteas,
 

Biocoop S.C.G.

Agrupación de gandeiros en coa pretensión de orientar e reconvertir as súas explotacións gandeiras en unidades produtivas respetuosas co medio ambiente e coa saúde dos consumidores. Para conseguilo decídese establecer un vínculo directo entre el método de produción ecolóxico e as razas autóctonas en perigo de extinción da provincia de Ourense (Vianesa, Frieiresa, Cachena, Caldelá e Limiá), así coma a Rubia Galega.
 

Laboratorios de servizo: Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

Nel procédese á realización de análises oficiais, informativas e ensaios científicos. O Laboratorio Agrario realiza análises químicas e fisicoquímicas tanto dos medios de produción, como dos produtos agrícolas, forestais, gandeiros (salvo os relativos á sanidade pecuaria), produtos agroalimentarios, bebidas, produtos para a alimentación animal, de residuos de fitosanitarios en varias matrices, e diagnósticos fitopatolóxicos.
 

Estación experimental agrícola de Baixo Miño en Salceda de Caselas

Esta estación atende as demandas de particulares e profesionais no relativo ás actividades hortícolas, florícolas, frutícolas e vitícolas. Orienta o produtor nos sistemas de explotación, nas técnicas de cultivo máis axeitadas e no comportamento varietal mediante ensaios; mellora, selecciona e caracteriza as variedades autóctonas hortícolas; e capacita os produtores nas técnicas de cultivo e explotación mediante cursos, demostracións e visitas.
 

Distribuir contido