Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Programa experimental de compostaxe doméstico en 200 vivendas de catro municipios rurais, co fin de avaliar o grao de implicación da poboación neste proceso.
Comarca do Ribeiro.
 

No museo da gandaría recolle a historia da gandaría dende o seu inicio ata a actualidade. Os seus fondos vanse incrementando cos aportes dos criadores. No museo vivo mostran as razas ás persoas que alí acoden.
 

Campaña que perseguía unha recollida selectiva da materia orgánica, establecendo unha metodoloxía de comunicación e educación ambiental que servira para promover a participación activa de todo o tecido social na nova recollida. Esta campaña tamén busca un reforzo do resto de recollidas selectivas, así coma dos puntos limpos.
Barcelona, Mataró (Barcelona) y Premià de Mar (Barcelona).
 

Creación dunha mancomunidade por parte de sete concellos da comarca de l´Urgellet que se ocupa da recollida e xestión de residuos adoptando un modelo integral, logrando deste xeito mellorar a recollida selectiva e aumentar notablemente a contía de residuos reciclados.
Zona norte da comarca de l´Alt Urgell (Lleida).
 

As funcións que desenvolve  están encamiñadas á conservación e á recuperación das Razas Gandeiras Autóctonas de Galicia en perigo de extinción. Rabaños fundacionais de morenas Galegas e galiña de Mos, Banco de xermoplasma (seme e embrións bovinos), colaboración na xestión dos libros xenealóxicos, mantemento da diversidade xenética coa posta a disposición dos criadores de: sementais bovinos, seme e exemplares aviares, estudo e análise aplicativos de produción de razas.

Posta en marcha dunha central térmica de biomasa. Os resultados informan de que coa nova central evítase a emisión de 5.000 tm de CO2  entre outros datos.
Sant Pere de Torelló.
 

Xestión de residuos da construcción mediante actuacións que se centran na adecuación de zonas para a separación selectiva, disposición de contenedores especializados para cada fracción, formación axeitada aos operarios e control e seguemento da xestión dos residuos e operarios.
 L’Ampolla.
 

 Coas prioridades de mellora da contaminación atmosférica e a loita contra o cambio climático dentro dun plan de acción da Axenda 21 local, neste concello preténdese levar a cabo accións tan destacables coma a instalación nos edificios públicos de sistemas solares térmicos e fotovoltaicos; a renovación do alumeado público engadindo criterios de eficiencia enerxética e a aplicación de novas tecnoloxías; e a conversión da administración pública local nun referente na aplicación de boas prácticas enerxéticas para que sirva de modelo e axude a desenvolver unha economía de I+D+I no municipi

Sistema para recoller a calor que proporcionan a multitude de persoas que pasa pola estación central de Estocolmo, calor que normalmente é expulsada a través de ventanas e portas abertas ou coa axuda de ventiladores. Este sistema foi deseñado para recoller a calor sobrante a través de pequenas bombas e podela aproveitar para quentar un edificio anexo.
 Estocolmo (Suecia).