Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Boas prácticas

Campaña de comunicación e educación ambiental para a recollida selectiva da fracción orgánica en Mataró.

Campaña que perseguía unha recollida selectiva da materia orgánica, establecendo unha metodoloxía de comunicación e educación ambiental que servira para promover a participación activa de todo o tecido social na nova recollida. Esta campaña tamén busca un reforzo do resto de recollidas selectivas, así coma dos puntos limpos.
Barcelona, Mataró (Barcelona) y Premià de Mar (Barcelona).
 

Programa de compostaxe doméstica na comarca do Ribeiro (Ourense)

Programa experimental de compostaxe doméstico en 200 vivendas de catro municipios rurais, co fin de avaliar o grao de implicación da poboación neste proceso.
Comarca do Ribeiro.
 

Campaña de reciclaxe de aceites vegetais de uso doméstico para a súa utilización como materia prima na produción de biodiesel.

Campaña que facilita a recollida do aceite usado mediante a instalación de diversos contedores en lugares estratéxicos co fin de evitar a contaminación que este residuo produce de non ser tratado de xeito adecuado. Posteriormente destínase á produción de biodiesel.
Castilla e León.
 

Plataforma modular para parada de autobús feita con material reciclado.

Plataforma modular feita a base de pezas autoencaixables, con borde protector con bandas reflectantes e rejilla abatible, todo fabricado en plástico reciclado de alta resistencia e durabilidade. O material utilizado procede da reciclaxe de plástico protector de cable eléctrico fora de uso.
Barcelona.
 

Xestión da velocidade nas vías de acceso a Barcelona.

Medida levada a cabo polo goberno catalán consistente no establecemento de 80 km/h nas principais vías de acceso a Barcelona ao seu paso por 16 municipios da primeira coroa. A adopción desta medida busca reducir a contaminación e a sinestrialidade. Esta medida forma parte dun plan máis amplio de mellora de calidade do aire na área metropolitana barcelonesa.
Área Metropolitana de Barcelona.
 

Plan de mellora da calidade do aire do municipio de Bailén (Jaén)

Ante a superación dos valores límite de calidade do aire debido á importante industria dedicada á cerámica artística, foi necesario a elaboración deste plan de mellora de calidade do aire.
Bailén.
 

Plan Azul: Estratexia de Calidade do Aire e Cambio Climático da Comunidade de Madrid (2006-2012)

Estratexia que inclúe máis dun centenar de mediadas ambientais orientadas a lograr a reducción de gases contaminantes e de efecto invernadoiro. Estas medidas inciden nos principais focos de emisión como son o sector transporte, sector residencial, sector industrial e sector primario (agricultura, ganadería e medio natural).
Madrid.
 

Plan de Actuación para a Mellora da Calidade do Aire nos municipios da Rexión Metropolitana de Barcelona.

Ante  os elevados niveis de dióxido de nitróxeno e partículas sólidas en suspensión na área metropolitana de Barcelona, en cumprimento da normativa europea tivo que levarse a cabo a elaboración e execución dun plan para reestablecer a calidade do aire. Este Plan de Actuación conta cun centenar de medidas que se estructuran nos seguintes ámbitos: prevención, transporte, industria, enerxía, sector doméstico e sensibilización.
Municipios da Rexión Metropolitana de Barcelona.
 

Zona ambiental de Berlín (ZA)

Establecemento da prohibición do paso de vehículos a motor, públicos ou privados, que non teñan incorporados unha etiqueta verde que certifica que non superan os límites de emisións. Esta iniciativa busca e consegue reducir os niveis de contaminación nas cidades que o levan a cabo.
Berlín e 39 cidades alemanas.
 

York - A cidade sustentable (York - The sustainable city)

Plan levado a cabo pola cidade inglesa de York, que ten por finalidade reducir a pegada de carbono e aplicar diversas medidas de cara a un desenvolvemento sustentable da cidade coa participación cidadá na toma de decisións neste senso, mantendo así as cualidades da cidade e obter un equilibrio entre o crecemento económico e físico e a sustentabilidade.
York (Reino Unido).
 

Distribuir contido