Esta estación ten coma fin o fomento e desenvolvemento tecnolóxico do sector vitivinícola galego a través da investigación aplicada, do asesoramento a viticultores e embotelladores e da formación. Nela realízanse análises para produtos derivados da vide. As funcións principais son investigación, servizos ao sector, laboratorio de química enolóxica, asesoramento, transferencia tecnolóxica e formación. Colabora en publicacións e tamén realiza as súas propias. Ten tamén unha laboura de difusión directa das tecnoloxías desenvolvidas mediante cursos, xornadas e visitas