Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Uso do solo e ordenación do territorio

CONSERVACIÓN E XESTIÓN DOS RECURSOS NATURAIS E ORDENACIÓN DO TERRITORIO: Uso do solo e ordenación do territorio

Os indicadores de sustentabilidade do grupo Uso do solo e ordenación do territorio pertencen ao eixo temático da Conservación e Xestión dos Recursos Naturais e Ordenación do Territorio.

Área afectada por incendios forestais

Descrición breve
Cuantificación da área forestal afectada por incendios nun determinado territorio.
Os incendios forestais xera moitos impactos negativos, tales como aumento da erosión dos solos, redución da produtividade e desertización do territorio, perda de biodiversidade (provocada pola destrución de hábitats naturais), alteracións no ciclo hidrolóxico, redución de sumidoiros de CO2, perdas económicas relacionadas coa destrución de materia e poñen en risco a seguridade da poboación.

Variables
- Área forestal queimada (ha);

Valoración: 

negativo

negativo

Densidade de poboación urbana

Descrición breve
Relación entre o número de habitantes que viven en municipios con máis de 10.000 habitantes e a superficie total do territorio. O indicador avalía a presión que a poboación urbana exerce sobre o territorio total da rexión.

Valoración: 

neutro

neutro

Superficie ocupada por área artificial na franxa costeira

Descrición breve
Avaliación do nivel de artificialización na zona costeira a través da análise do aumento da superficie de territorios artificializados nunha franxa de 10 km ao longo da costa.
A carga poboacional e o crecemento da superficie artificial é un dos factores de maior presión nas zonas costeiras de Galicia e do Norte de Portugal, asumindo especial relevancia cando está asociada á busca turística.

Valoración: 

negativo

negativo

Uso do solo

Descrición breve
Avalía os patróns e as dinámicas do uso do solo ocorrido nun determinado período de tempo. A análise dos patróns e dinámicas do uso do solo permite avaliar as presións ás que o mesmo está suxeito e a eficacia de estratexias e medidas de planificación e desenvolvemento territoriais.
As catro principais clases de uso do solo utilizadas foron: Zonas artificializadas, Zonas agrícolas, Zonas Forestais e seminaturais, Zonas húmidas e Corpos de auga (Anexo II - apéndice metodolóxico).

Fórmula de cálculo

Valoración: 

negativo

negativo
Distribuir contido