Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Densidade poboacional

Descrición breve
Relación entre a poboación e a superficie do territorio, xeralmente expresada en habitantes por quilómetro cadrado.
A presión urbana exercida sobre un territorio está directamente relacionada coa concentración demográfica. O aumento de poboación nun determinado territorio incrementa o consumo de recursos e a emisión de contaminantes ao medio ambiente, alterando o funcionamento dos ecosistemas.

Fórmula de cálculo
a/b

Variables
a) total de habitantes (hab.)
b) superficie do territorio (km2)

Unidades
hab./km2

Fontes
INE España; INE Portugal; IGP; IGN; EEA

Análise breve
47 Gráfico 2 - Variación da densidade poboacional observada entre 1998 e 2009 (hab/km2 ).

Entre 1998 e 2009 verificouse unha tendencia de aumento da densidade poboacional en España, Portugal, na eurorrexión e en Europa (UE-27) que rexistraron valores de crecemento da orde do 15%, 5%, 4% e 4%, respectivamente (Gráfico 2).

48 Figura 2 - Densidade poboacional nos municipios da eurorrexión en 2009 (hab/km2).

Na eurorrexión verifícase un forte contraste entre a franxa atlántica e as terras do interior (Figura 2). No primeiro caso, obsérvanse elevadas densidades poboacionais e, no segundo caso, as densidades son, en xeral, baixas. Isto evidencia a capacidade de atracción de poboación dos maiores e máis desenvolvidos centros urbanos que se sitúan no litoral, onde se rexistran as maiores porcentaxes de variación da poboación residente en comparación coas zonas do interior (Figura 3).
49 Figura 3 - Variación da poboación residente nos municipios da eurorrexión entre 1998 e 2009 (%).

Salvo algunhas cidades (Chaves, Vila Real, Lugo e Ourense) que teñen crecido en termos poboacionais, os concellos do interior sufriron un crecente abandono das súas poboacións en dirección ás grandes cidades, sobre todo ás do litoral. Como consecuencia, nas últimas décadas acentuouse a concentración poboacional nas áreas metropolitanas de Porto, Vigo e A Coruña, onde reside cerca do 39% da poboación da eurorrexión (Figura 3).

Malia que Europa é o segundo continente con menor superficie do mundo, ten unha poboación bastante numerosa que se distribúe dunha forma moi desigual no territorio (Figura 4), observándose países con gran concentración de poboación como é o caso de Malta (1313 hab/km2), Holanda (488 hab/km2), Bélxica (356 hab/km2), Reino Unido (254 hab/km2), Alemaña (230 hab/km2) e Italia (204 hab/km2) e outros con baixa concentración de poboación como é caso de Finlandia (17 hab/km2), Suecia (22 hab/km2), Estonia (31 hab/km2) e Letonia (36 hab/km2).
50 Figura 4 - Densidade poboacional en 2009 na eurorrexión e na UE-27(hab/km2).

Valoración: 

neutro

neutro