Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

"Dende aquí contémplase a Illa San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra. Rodeando ao miradoiro, chamado tamén ""Miradoiro de tres Rías, hai abundante vexetación de toxos, carballos, eucaliptos, piñeiros e loureiros. A fauna é variada: cervos, gamos, corzos, parrulos e outras especies de aves.
"
 

No marco do proxecto DESOURB define que a euro-rexión debe seguir un desenvolvemento territorial máis eficiente e sostible, baseado en catro eixes fundamentais, o desenvolvemento económico e social sostible, o territorio, a enerxía limpa e o cambio climático e a produción e consumo sostible.

Cartografía a escala 1/5.000 elaborada segundo o modelo de datos da Base Topográfica Armonizada de Galicia. Esta base topográfica componse dun conxunto de datos vectoriais de carácter topográfico totalmente interoperable e permite a súa análise e explotación en Sistemas de Información Xeográfica.
A información topográfica estrutúrase en 8 temas:
• Puntos de referencia
• Redes de transporte
• Nomes xeográficos
• Hidrografía
• Relevo
• Cuberta terrestre
• Edificacións, poboacións e construccións
• Servizos e instalacións

Para máis información: scit.cmati@xunta.es

Co obxectivo de dispoñer dunha foto do territorio e actualizar toda a información xeográfica relacionada co proxecto Desourb, adquiríronse imaxes de distintos satélites capturadas en 2012.

Para máis información: scit.cmati@xunta.es

O Instituto de Estudos do Territorio (IET), co propósito de harmonizar e modernizar a cartografía dos ámbitos urbanos, tratou de aplicar os avances tecnolóxicos e cambios metodolóxicos no proceso de obtención da cartografía e, o que é máis importante, aplicar a evolución conceptual habida desde a cartografía, xa sexa como mapas en papel ou como mapas dixitais, ata a información xeográfica, en forma de conxuntos de datos xeográficos para ser cargados nun SIX ou integrados nunha IDE.

Arquitectura técnica de ampliación de funcionalidades e ferramentas SIX do Proxecto DESOURB, no que se inclúe manual do usuario e unha guía de instalación e administración do mesmo.

Esta publicación incorpora unha valoración con carácter glogal que nos permite avanzar na integración paisaxística deste tipo de enerxía.

Este documento pretende abordar os elementos conceptuais e técnicos necesarios para abordar un plan de mobilidade que dea resposta aos desafios que o uso da bicicleta levanta. Tammén crea a necesidade de dotarnos dos elementos organizativos que garanticen a sua implementación e mantenemento no tempo, incluindo a necesidade de incluir a mobilidade en bicicleta (e tammén os restantes medios) nas estratexias de planificación que actualmente configuran a cidade: plans directores municipais e demáis figuras do plan.