Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Natureza

Serra da Enciña da Lastra (ZEPA)

Área de especial interés para las aves rapaces, entre las que destaca la presencia de una pareja de Águila Real (Aquila chrysaetos), así como la presencia hasta tiempos recientes de una pareja de Alimoche Común (Neophron percnopterus). En este espacio se localiza la única población gallega conocida de Picogordo (Coccothraustes coccothraustes)
 

Ría do Eo (ZEPA)

A Ría do Eo, situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estira de norte a sur. A súa importancia natural motivou que se declarara Zona de Especial Protección para Aves, ZEPA.  A riqueza ornitolóxica desta ría fai que sexa declarada como refuxio de caza, zona de especial protección para las aves (ZEPA)
 

Ría de Ortigueira e Ladrido (ZEPA)

A desembocadura dos ríos Mera, Caleira e Ladrido dan forma a esta aberta e sinuosa ría de pendentes suaves e altitudes baixas, onde se desenvolven unhas extensas chairas intermareales, amplas marismas e humedais e un ben desenvolto sistema dunar.  A gran productividade biolóxica dos humedais costeiros de Galicia  convérteos en lugares idóneos para la reproducción e invernada de numerosas aves acuáticas. Deste xeito a ría de Ortigueira consitúe un lugar privilexiado para observar garzas, zarapitos, ostreros, agujas, correlimos, archibebes, ánades.
 

Illas Sisargas (ZEPA)

As illas Sisargas son un pequeno arquipélago que se atopa fronte a Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes como Chalreu e Xoceiro. As illas son na súa maioría de natureza escarpada, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos acantilados. Porén, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadeiro e unha pequena praia no sur.

Lagoa e areal de Valdoviño (ZEPA)

A lagoa é de augas someras e un cordón dunar de considerable extensión. Alberga 1.000 aves acuáticas durante o período invernal e presenta unha notable extensión cuberta por vexetación palustre. Presenta un extenso areal con boas representacións de dunas primarias e unha interesante e diversa flora psammófila.
 

Complexo intermareal Umia-Grove, Lanzada, Punta Carreirón e Lago Bodeira (ZEPA)

Trátase dun conxunto de áreas litorais situadas no suroeste da ría de Arousa, que comprende a enseada de O Grove e o istmo de A Lanzada, o estuario do Umia, a lagoa Bodeira e o extremo sur da illa de Arousa (punta Carreirón).
 

Aula de la Naturaleza en Ourense do río Miño

Este aula tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medioambiental.
 

Aula Forestal de Areas, en Tui

No edificio acolléronse os inicios da moderna xestión forestal en Galicia. Parte das seis amplias salas de este museo están dedicadas á memoria do enxeñeiro forestal Rafael Areses, fundador do  viveiro. Consérvanse alí, entre outros, o despacho de quen foi o principal modernizador da xestión do monte galego, así coma as súas coleccións de sementes. Outros espazos están destinados a unha exposición acerca da xestión forestal sustentable,  en general a divulgación dos valores do bosque.
 

Centro de Interpretación das Illas Cíes

Situado no Parque Nacional das Illas Atlánticas é o centro interpretación da Natureza das Illas Cíes construído no que foi antigamente o Mosteiro de San Estevo.
 

Centro de Interpretacion Da Naturaleza de A Siradella

Centro de interpretación da natureza situado no Monte Siralleda.
 

Distribuir contido