Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Natureza

Illa de Ons (ZEPA)

 Está considerado pola Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife) coma un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular. Elévase ata quince mil o número de acuáticas invernantes, incluíndo medias de case catro mil anátidos e diez mil limícolas.
 

Sociedade Galega de Educación Ambiental

  A Sociedade Galega de Educación Ambiental é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, que se constitúe para aglutinar o traballo de moitas persoas que se veñen significando,algúns dende finais da década dos setenta, na promoción da Educación Ambiental en Galiciae que desexan asociarse para darlle continuidade e profundidade a este traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construcción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co medio ambiente.
 

Sociedade Micolóxica Lucus

Desde os seus comezos Sociedade Micolóxica Lucus tivo como obxectivos principais o estudo, promoción e divulgación da micoloxía así coma a divulgación, coñecemento e defensa da natureza e do medio natural. Para elo  prográmase cada ano un extenso calendario de actividades.
 

C. de Educación Ambiental Outeiro

Centro que forma parte do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro e para o que se fixo unha sala de exposicións, equipada cos medios técnicos precisos.
 

Fragas de Mondeo. Fondo de Conservación da Natureza das Mariñas.

Fragas do Mandeo é unha entidade de custodia do territorio que ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas (Galicia, España). Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou cesión temporal, buscan conserva-los espazos naturais desta comarca.. Custodian as fragas para veciños e visitantes, para as xeracións presentes e as vindeiras. .
 

CEMMA

CEMMA é unha ONG galega con dezaoito anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través dunha investigación seria, promovendo e participando en diferentes estudos e proxectos de investigación sobre os cetáceos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos. Hai que engadir que CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society.
 

Sociedade Galega de Ornitoloxía

 A SGO ten coma fins o estudo científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia. Ademais, tenta promover entre os cidadáns o coñecemento, aprecio e respecto das aves e da natureza en xeral.

Laboratorio Medio Ambiente Galicia

Le corresponde al LMAG la realización de estudios, análisis e informes técnicos sobre el establecimiento de parámetros, técnicas y procedimientos analíticos previstos en las normas medioambientales, de conformidad con lo previsto en el Decreto 164/1999, del 27 de mayo, por lo que se establecen las competencias y funciones del Laboratorio de Medio Ambiente.
 

Parque Natural Fragas do Eume

 No val do río Eume atópase este parque natural, que, con 9.126 hectáreas constitúe un dos bosques atlánticos máis interesantes da comunidade galega. Flora: fresnos, castiñeiros, abeduis, sauces, arces, avellanos, laureis. Nalgúns lugares, formando unha auténtica cascada de verdor, ao carón das que forman os cursos de auga que se precipitan polas ladeiras, obsérvanse fieitos relictos do Terciario. Interesante, nos dominios do parque, o mosterio de Caaveiro.
 

Asociación micolóxica Andoa

A Asociación Micolóxica Andoa ten coma obxectivos entre outros, difundir a cultura dos fungos. Pretenden concienciar á xente da importancia deles para a biodiversidade, e instala na preservación do medio natural. No último ano o abanico de actividades abriuse tamén, cara outros aspectos cos que Andoa pretende quitar o medo e as apatías cara este reino dos fungii. Queren divulgar entre os vecinos as características dos cogumelos, incluíndo una vertente científica e sen esquecer  a culinaria.

Distribuir contido