Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Economía

Programa PEME Sostible e Responsable

Mecanismo e marco para xestionar unha estratexia de RSE nunha PEME co fin de que esta sexa sostible e responsable. Trátase dun proxecto piloto que permitirá dispoñer dun modelo destinado a incorporar a RSE no sistema de xestión das PEMES galegas. A realización deste proxecto baséase no uso de indicadores divididos en impactos sociais, medioambientais e económicos para cada un dos diferentes grupos de interese clave da organización
 

Observatorio Galego da RSE

O observatorio galego nace co propósito de cumprir unha dobre función. Función informativa pois o observatorio constitúe unha fonte informativa rigorosa e veraz sobre a aplicación da RSE na nosa comunidade; e función investigadora, complementaria da función informativa. A través do reporte de estatísticas e datos, o observatorio contribúe á transparencia en materia de RSE, favorecendo que todos os grupos de interese da responsabilidade social sexan coñecedores das principais informacións e avances con implicacións no ámbito.
 

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

O ISSGA é un organismo autónomo encargado da xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral establezan os poderes públicos da comunidade autónoma para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais neste ámbito e das competencias atribuídas a outros departamentos da Xunta de Galicia.
 

Proxecto ACCEPT

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten unha especial importancia polo recoñecemento que lle outorgou a Unión Europea, as redes de comunicación que dende moi antigo enlazan aos territorios de Galicia e Norte de Portugal, xunto coas infraestruturas de comunicación actuais, fomentan a xeración dun constante fluxo empresarial, laboral e comercial; polo que non é estraño o frecuente tránsito de traballadores e traballadoras que cruzan a fronteira, que nos delimita como territorio pero non nos separa, para traballar a un e ao outro lado.

TECNOPEIXE. Plataforma Tecnolóxica

Tecnopeixe consiste na integración efectiva dos esforzos en investigación entre todos os axentes implicados no sector da pesca en Galicia, aplicándose a incrementar o coñecemento para mellorar o desenvolvemento do mesmo, garantindo a competitividade do sector e a sustentabilidade dos recursos; un alto estándar de calidade dos produtos e a mellora das condicións de todos os implicados na actividade contribuíndo deste xeito a consolidar e reforzar a súa posición de liderazgo tanto a nivel estatal coma europeo.

Proxecto Real

O Proxecto Real ten por objecto desenvolver unha rede para compartir recursos, información e coñecemento para fomentar a innovación no sector agroalimentario (Rede de Innovación Alimentaria Norte de Portugal - Galicia). Este proxecto  proponse a creación formal dunha Rede de Cooperación a nivel da innovación, a creación dunha base tecnolóxica para apoiar á Rede e a difusión de información, investigación e transferencia tecnolóxica.

Centro Tecnológico del Mar

CETMAR é unha fundación promovida pola Xunta de Galicia. Consiste nunha entidade de encontro e cooperación interinstitucional. O obxectivo de CETMAR é contribuir a mellorar as condicións para o desenvolvemento sustentable dos recursos mariños e, neste marco, contribuir a mellorar a eficiencia dos sectores da pesca , a acuicultura, a transformación dos produtos pesqueiros e todas aquelas actividades relacionadas directa ou indirectamente co uso e a explotación do mar e os seus recursos.

Asociación PANXEA

Os espazos principais de actividade de “PANXEA” son a sensibilización e a participación activa en diversas iniciativas de economía alternativa, social e solidaria, especialmente as relacionadas co Comercio Xusto e o Consumo Responsábel, dende a perspectiva da Soberanía Alimentaria. Para iso traballamos para impulsar cambios que, dende o pequeno e o local, vaian mudando as estruturas a prol da xustiza social, ecolóxica, de xénero, e nas relacións comerciais Norte-Sur, pero tamén Sur-Sur e Norte-Norte, promovendo igualmente a paz e o desenvolvemento sustentábel.
 

Proxecto MEDRA

Proxecto MEDRA é unha acción de apoio continuado e persoalizado ás empresas novas, empregando os instrumentos máis axeitados ás súas especificidades. Éste diríxese a pequenas e medianas empresas de non máis de 4 anos de existencia e que, posuíndo polo menos unha pequena estrutura, teñen interese en mellorar a súa potencialidade competitiva.
 

Distribuir contido