Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iníciar sessão de utilizador

Establece un conxunto de reformas das políticas da UE, incluída a agricultura , acordadas na Cumbre de Xefes de Estado ou de Goberno da UE, no Consello Europeo de Berlín, celebrado en maio de 1999, que fixou as "Perspectivas Financieiras" para o presuposto da UE a partires do 2000-2006.
Organismo promotor:Comisión Europea
 

Directrices tomadas para a realización da Política de Desenvolvemento Rural da UE para o período indicado.
Organismo promotor:Consello da UE
 

Adoptada en 2005 polo Consello de Agricultura supón unha reforma fundamental da política de desenrolo rural para o período 2007-2013. Integra a iniciativa comunitaria Leader e dá un paso cara a simplificación abordando o desenrrolo rural a través dun único marco de financiación e programación. Os obxectivos son aumentar a competitividade do sector agrícola, valorizar o entorno e o paisaxe rural a través do apoio á xestión do territorio e mellorar a calidade de vida nas zonas rurais e fomentar a diversificación da actividade económica.
Organismo promotor:Comisión Europea
 

"A transformación radical que en España as zonas rurales experimentaron nas últimas décadas suxiren que, como ocurriu en moitos países da OCDE, fora necesario un novo enfoque da política rural. España realizou recentemente unha importante reforma das súas políticas rurais, incluída a fusión do Ministerio de Agricultura co Ministerio de Medio Ambiente e a recentemente aprobada "" Ley de Desarrollo Sostenible del Medio Rural"". Este novo marco crea ""Unha política rural do estado"", logrando que España esté en mellores condicións para afrontar os retos e oportunidades das zonas rurais.

"O Libro Blanco é un documento descriptivo no que, por un lado, se expoñen e analizan ordenadamente a situación actual e os problemas básicos agrarios e rurais, e por outro, establécense previsións sobre a evolución desexable do sector.

Este documento presenta o desenrolo rural coma un elemento esencial das estratexias de desenrolo sostible por razóns coma a súa utilidade coma instrumento de inclusión social por medio dun "traballo digno", imperativo ambiental, a través da promoción do "bó uso" da natureza por parte do campesiñado e porque se trata dun sector cun efecto multiplicador importante no resto da economía.

Informe que sinala as conclusións que debatiron os países asistentes a esta conferencia. Nela chegouse ao acordo de que a reforma agraria é o mellor instrumento para convatir a pobreza, alcanzar xustiza social e unha maior produtividade.
Organismo promotor:FAO
 

Neste documento expóñense as principais necesidades de fortalecemento das capacidades dos Estados e as sociedades civís, necesidades para un desenrolo real e sostible. Resalta a imposibilidade de Estados e organismos internacionais de frear as dinámicas de reducción en masa do acceso á terra e aos recursos naturais e ante a ignorancia destes axentes a, de qué xeito, impulsar procesos eficaces de corrección de desigualdades, preséntanse neste documento e analízanse aspectos estratéxicos para precisar a natureza das necesidades das novas competencias.
Organismo promotor:FAO
 

Este documento trata as políticas e prácticas actuais para garantir o acceso á terra aos pobres. Abarca África, América Latina e Asia facendo referencia tamén a experiencias de Europa Central e Oriental e da ex Comunidade de Estados Independentes. O documento examina o cambio nos enfoques da reforma agraria as diferentes formas de garantir o dereito á terra e lograr unha distribución máis equitativa, a vulnerabilidade de grupos particurais a perder os seus dereitos e a necesidade de afrontar o dereito de terras mentres se resolven os conflictos e na construcción da paz.

Estable que a problemática que os cambios económicos e sociais están ocasionando na agricultura e como consecuencia máis inmediata, no medio rural. Unha das súas aportacións máis relevantes foi a definición do que se entende por mundo rural. Á súa vez, distinguiu tres tipos de áreas rurais: áreas rurais integradas, áreas rurais intermedias e áreas rurales alonxadas.
Organismo promotor:Comisión Europea