Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Asociación galega formada por persoas con inquedanzas por unha mellor xestión do monte galego.
 

Mundo de Milú é un espazo que Meniños dirixe, fundamentalmente, aos máis cativos: recollendo as súas aportacións e propostas, os seus debuxos, comentarios,... E tamén ofrecendo xogos, ferramentas, ligazóns de internet, libros, etc., que poidan ser do seu interese e utilidade. Paralelamente, ábrese este espazo para os maiores que están en contacto cotiá con eles e que levan a cabo labores educativos, ben dende o seu papel de nais, pais..., ou dende o exercicio de profesións como profesores, monitores de tempo libre, etc.
 

Este proxecto intégrase dentro das prioridades da Consellería do Medio Rural de impulsar a zona sur da provincia de Lugo. As posibilidades produtivas, climáticas, edafolóxicas, mesmo paisaxísticas, turísticas e de ocio, fan desta comarca unha das prioridades para poñela en valor.

Este proxecto integral abrangue todos os puntos estratéxicos: infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións.
 

COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.
 

Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

A Asociación Escola de Tempo e Aire NÉBOA é unha entidade cultural  cuxos  obxectivos son  achegar a cultura á población especialmente ós máis novos. A cultura e o coñecemento son a identidade dun pobo e xeradores de riqueza, investigar e a achegarse aos coñecementos do pobo galego (historia, lendas, folcklore, ….) e da  lingua, e tratan de dalas a coñecer a todos os que os rodean, sobre todo ós máis novos.

O grupo Maribolheras precárias, abreviado ás veces coma MBP, é un grupo activista "queer" coruñés. Os seus compoñentes pretenden un xeito de entender a militancia dentro dos movementos antiglobalización, alternativos e de esquerda que defende que a reivindicación non impide o divertimento. Ademais de celebrar actos antimilitaristas e de liberación homosexual, organizan tamén os chamados maripicnics e Maribingos. Este colectivo forma unha rede intermitente nas súas actividades, activa e múltipla.

É unha entidade carente de ánimo de lucro dedicada a intervencións de carácter humanitario a prol das poboacións vítimas de crises humanitarias, desastres ou conflitos que se produzan fóra do ámbito territorial galego. Temos por obxecto coordinar esforzos e concentrar recursos destinados a levar a cabo actuacións de Axuda Humanitaria, mellorar as condicións de vida das poboacións afectadas polas crises humanitarias, desastres ou en casos de urxente necesidade, mediante a prestación de asistencia de forma rápida e eficaz e segundo criterios de necesidade e vulnerabilidade.

A Rede Cooperación Coruña Solidaria é un espazo de participación cidadá integrado por 150 entidades da cidade. Son entidades que traballan polo benestar de toda a cidadanía e que adican un esforzo especial ao traballo cos coletivos en desventaxa social.