O proxecto de Eurocidade Chaves-Verín pretende a posta en común dos recursos, a través da achaiadura e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos municipios fronteirizos de Verín na Comunidade Autónoma de Galicia e de Chaves na Rexión Norte de Portugal.
Fundación sen ánimo de lucro e de interese galego cuxa misión é contribuír a que menores e mozos/as en risco ou conflito social, e outros colectivos interrelacionados, constrúan o seu proceso vital a través dun camiño proactivo guiado polo coñecemento de dereitos e deberes como complemento dunha formación integral que lles axude a ser cidadáns máis competentes socialmente.
Esta asociación trátase dunha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade.
UGACOTA é unha Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, á que poden incorporarse todas aquelas que teñan o seu domicilio social en Galicia.UGACOTA é unha asociación sen ánimo de lucro e plurisectorial. Xurde ante a necesidade das Cooperativas de Traballo Asociado de crear un marco de referencia común e de dotarse dos servicios e instrumentos necesarios para o seu fortalecemento.
Preséntase coma unha experiencia de coperación transfronteriza entre todas as Comunidades Autónomas españolas fronteirizas y el país vecino, Portugal. El obxectivo principal pasa por impulsar a movilidade laboral dos ciudadáns e ciudadás que residen aos dous lados da fronteira, obxectivo que se alcanzará co deseño de políticas activas de emprego que contribúan a paliar as barreiras existentes á movilidade.
O Centro de Referencia de Movilidad Laboral Transfronteriza é unha ferramenta que permitirá tanto ás administracións como aos particurais de ambos lados da fronteira ter datos permanentemente actualizados do comportamento do mercado laboral transfronteirizo.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Xunta de Galicia, 267 concellos galegos e 4 mancomunidades, é a fórmula xurídica escollida para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais. O Consorcio traballa conxuntamente coa Xunta de Galicia na posta en marcha de políticas sociais do século XXI.
O Consorcio é o organismo xestor de diversos equipamentos para a atención integral a persoas maiores postos en marcha por todo o territorio galego dentro da Rede Pública do Sistema Galego de Benestar.
A Rede de centros Quérote, Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual, teñen por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais.
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.