O Instituto de Estudos do Territorio (IET), co propósito de harmonizar e modernizar a cartografía dos ámbitos urbanos, tratou de aplicar os avances tecnolóxicos e cambios metodolóxicos no proceso de obtención da cartografía e, o que é máis importante, aplicar a evolución conceptual habida desde a cartografía, xa sexa como mapas en papel ou como mapas dixitais, ata a información xeográfica, en forma de conxuntos de datos xeográficos para ser cargados nun SIX ou integrados nunha IDE.