Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

COLECCIÓN: ESTUDOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Ano: 1979 - Lugar: A Coruña
Esta asociación ten coma fin a conservación da natureza sobranceira en Galicia. Fundada na Coruña en 1979 por entusiastas estudosos da natureza, moitos deles afeccionados ás aves, xa dende o comezo compartíase co interese por artrópodos, réptiles, anfibios, mamíferos, plantas,... o que levou a unha mellor defensa de espazos coma un todo, coma hábitats. A iso dedican o seu traballo e estudo, á conservación dos espazos naturais, con ou sen protección legal.

Este informe tras comezar cun análise do sector cárnico en España e Galicia, fai un estudo sobre a estrutura e proceso produtivo de dita industria, localización dos principais puntos de demanda enerxética e dando datos sobre tal consumo. Por elo plantexa medidas de aforro enerxético para este sector. Finaliza cun anexo adicado á coxeneración, presentándoa coma unha das solucións máis eficaces para diminuir os custos enerxéticos, entre outros, tamén neste sector.
Organismo Promotor: INEGA

Este documento establece as condicións técnicas que deben tomarse en consideración na convocatoria de axudas para a promoción de instalacións de Enerxía Solar Fotovoltaica no ámbito do Plan de Fomento das Enerxías Renovables do período 2005-2010. Establécese o ámbito de apicación do plego así coma a necesidade de xustificacións no caso de levar a cabo no proxecto solucións distintas ás previstas en dito plego.
Organismo promotor: IDEA. CENSOLAR. CIEMAT.

 


Este informe tras facer unha introdución sobre o que é e supón a coxeneración analiza a súa situación en Europa e en España, para logo adentrarse en Galicia.  Este informe presenta a coxeneración coma o futuro o cal vai estar moi ligado ao desenvolvemento das tecnoloxías que permitirán ampliar o campo de aplicación deste tipo de produción de enerxía, unha alternativa firme ás enerxías convencionais.
Organismo promotor: INEG

Este informe analiza a actividade hoteleira en relación co consumo enerxético que xera este sector, fixándose niveis medios de consumo segundo a tipoloxía do hotel,categoría e localización. Analízanse os puntos de consumo, cuantifícanse custos e dispóñense medidas de racionalización. Analízase a viabilidade de implantación de sistemas innovadores de produción de enerxía baseado no aproveitamento de recursos endóxenos.

O documento comeza cunha visión xeral sobre a importancia do cambio nos hábitos de consumo para conseguir un futuro enerxéticamente sostenible.Tamén
aborda a teoría e un método de planificación para os programas de cambio de comportamento.

Nesta memoria anual faise nun primeiro momento a análise do aforro, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en España nese ano. Seguidamente os resultados obtidos da Estratexia Española de Eficiencia Enerxética e dos seus distintos plans. Explica as medidas adoptadas no Plan de activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética 2008-2011 así coma o balance de resultados do PER 2005-2010 no 2008 sobre a situación dos convenios para a realización de proxectos coas CCAA.

Neste catálogo recóllense as publicacións realizadas polo IDEA dende 1982 ata o 2009. Dito catálogo está estruturado cos obxectivos da actividade de IDEA, que son a promoción da eficiencia enerxética en España, o uso racional da enerxía así coma a diversificación das fontes de abastecemento e a utilización das enerxías renovables. Distribúese o catálogo en tres seccións, o aforro e eficiencia enerxética, as enerxías renovables e unha última sección na cal se tratan temas xerais que abarcan temas relacionados coas seccións anteriores.

Palabras clave: IDEA

 

Esta guía pretende informar ó cidadán para que adquira unha maior conciencie e darlle valor ao importante que son os pequenos xestos. Nela identifícanse os distintos consumos de enerxía da vida cotiá e as prácticas para mellorar neste aspecto presentando os beneficios a obter para o usuario, a economía do país e o Medio Ambiente. A guía estrutúrase en 7 capítulos nos cales se analizan distintos temas relacionados co consumo enerxético e que nos mostran como contribuir ao aumento da eficiencia enerxética e a diminución do impacto ambiental no consumo de enerxía.